Thursday 19 de September de 2024

A Xunta adxudica as obras de mellora de firme en varias estradas autonómicas da área da Coruña por un investimento de case 600.000 euros


Estes traballos comezarán na segunda quincena de xullo e teñen un prazo de execución duns catro meses aproximadamente
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licita hoxe as obras de mellora do firme en varias estradas autonómicas da área da Coruña por un investimento de case 600.000 euros

Estes traballos, adxudicados á empresa Arias Infraestructuras S.A., comezarán na segunda quincena de xullo e teñen un prazo de execución duns catro meses aproximadamente.

Os traballos teñen como obxectivo rehabilitar a capa de rodadura naqueles treitos que presenten carencias para prolongar a vida útil do pavimento. Estas actuacións tamén se complementarán con traballos de reposición da sinalización horizontal.

O contrato contempla a reparación do firme na estrada Sada- Mera (AC-163), entre os puntos quilométricos 1+500 e 5+350 e entre o 9+100 e 9+600, nos municipios de Sada e Oleiros; e na que conecta Espíritu Santo e Oleiros, entre o 0 e 0+600, no Concello de Sada.

Tamén se mellorará a capa de rodadura na estrada entre Guísamo e Sigrás (AC-214), entre os puntos quilométricos 1+850 e 8+540, en Cambre; e na vía San Pedro de Nós- Mabegondo (AC-221), no treito entre o 1+500 e 5+150, ao seu paso por Cambre e Oleiros.

Outra estrada que será obxecto destas obras de acondicionamento será a que une Sigrás e Muros (AC-400), ao seu paso polos municipios de A Laracha, Cerceda e Culleredo.

Tamén se levarán a cabo estes traballos de reparación na estrada AC-415, no Concello da Coruña, e na vía que conecta A Coruña e Cee (AC-552), nos Concellos de A Laracha e Carballo.